arrastre

arrastre

arrastrar

Plural: arrastres
  1. s m

    Acción e efecto de arrastrar ou arrastrarse.

  2. s m
    1. Modalidade de pesca que consiste en tirar da rede, arrastrándoa, para recoller o peixe.

    2. Modalidade de aparellos de pesca, arrastrados por un barco en movemento.

  3. s m [AERON ]

    Fase da aterraxe dun globo tripulado na que a cesta vai arrastrando por terra mentres o aerostato, aínda non desinchado, se move pola forza do vento.

  4. s m [XEOL ]

    Terras propias dun aluvión.

Citas

  • O arrastre son copas