tontina

tontina

antropónimo Lorenzo Tonti

Plural: tontinas
  1. s f [ECON/HIST ]

    Operación financeira, ideada polo italiano Lorenzo Tonti, antecesora do seguro de vida e de vellez, en que, mediante o pagamento dunha cota durante un tempo por parte de diversas persoas que se asocian para este fin, se constitúe un capital que, ao se acumular aos xuros, se reparte entre os superviventes ao final dos contratos respectivos.

  2. s f [ECON/HIST ]

    Asociación formada para este fin.

Palabras veciñas

tonsura tonsurado -da tonsurar tontina tonus* top top(o)-