ton

ton

lat tonu gr τόνος ‘tensión’

Plural: tons
    1. s [FÍS ]

      Característica dun son determinado pola frecuencia da vibración fundamental.

    2. ton cardíaco [MED ]

      Ruído que se sente cando se ausculta a rexión cardíaca.

  1. s m

    olume ou intensidade da voz nun determinado momento.

  2. s m

    Inflexión ou modulación da voz en tanto que expresa os diversos sentimentos.

  3. s m [MÚS ]

    Intervalo que hai entre dúas notas dunha escala, agás de mi a fa e de si a do.

  4. s m

    Estilo ou modo de expresar algo.

  5. s m [FÍS ]

    Atributo da sensación visual que permite clasificar as cores segundo a súa intensidade.

  6. s m
    1. Grao normal de vigor e tensión.

    2. Estado de elasticidade dun tecido normal e aptitude para cumprir a súa función en resposta a un estímulo ordinario.

Frases feitas

  • A ton loc adv

  • Sen ton nin son. Sen pensar.