tiranía

tiranía

gr τυραννία

Plural: tiranías
  1. s f [HIST/POLÍT ]

    Poder dunha persoa exercido dunha maneira opresiva.

  2. s f

    Abuso de poder.

  3. s f

    Dominio acaparador que exercen determinadas cousas sobre a vontade das persoas.

Refráns

  • A moitos debe temer aquel a quen moitos temen.
  • a que de moitos é temido, a moitos ten que temer.
  • Home a quen moitos temen, a moitos ten que temer.
  • Para un rei case sempre sobra a lei.
  • Reis rachan leis.
  • Se teño eu pau ¿por que llo hei deixar a quen con el me pode dar?