tipoloxía

tipoloxía

tipo- + -loxía

Plural: tipoloxías
  1. s f

    Estudo baseado na clasificación de tipos.

  2. s f
    1. Estudo dos tipos ou modelos.

    2. Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas.

  3. s f [RELIX ]

    Interpretación bíblico-teolóxica baseada na correlación de tipos e antitipos.

  4. s f

    Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos.

  5. tipoloxía lingüística [LING ]

    Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan.