tinta

tinta

lat tincta, p p de tingĕre

Plural: tintas
  1. s f

    Preparación máis ou menos fluída, e de diferentes cores, que se emprega para escribir, debuxar, imprimir ou reproducir textos ou debuxos.

  2. s f

    Substancia que, diluída ou disolta, serve para escribir, debuxar, imprimir ou tinguir.

  3. s f [ZOOL ]

    Secreción de cor negra que producen os cefalópodos e que proxectan cando se ven ameazados.

Frases feitas

  • Medias tintas. Actos ou palabras pouco claros.