tifo

tifo

gr τ ῦ φος ‘estupor’

Plural: tifos
  1. s m [PAT ]

    Enfermidade infecciosa causada por diversas bacterias do xénero Rickettsia.

  2. s m [PAT ]

    Enfermidade con estupor.

  3. tifo endémico [PAT ]

    Tifo causado por Rickettsia mooseri e caracterizado polo feito de que o reservorio é a rata, e o vector, a pulga.

  4. tifo epidémico/exantemático [PAT ]

    Enfermidade infecciosa de carácter epidémico en épocas de fame, causada por Rickensia prowazekii e transmitida polo excremento dos piollos do corpo.