tesouro

tesouro

lat thesauru gr θησαυρός

Plural: tesouros
  1. s m

    Conxunto de moedas ou de obxectos preciosos que se gardan con gran coidado.

  2. s m

    Persoa ou cousa considerada dun gran valor.

  3. s m [LING ]

    Dicionario exhaustivo dunha lingua.

  4. s m [ARQUIV ]

    Lista alfabética de palabras que se utilizan para clasificar a documentación.

  5. tesouro público
    1. [ECON ]

      Caudais dos que dispón o estado.

    2. [ECON/DER ]

      Departamento da administración pública dun estado que o representa nas súas relacións financeiras cos cidadáns, co banco central e con outros países.

Refráns

  • Corre o ouro para o tesouro.
  • Non falta tesouro de viño nin de ouro.
  • O maior tesouro sempre vai ao ouro.
  • Quen ten un tesouro non pensa máis que en ouro.
  • Sempre o tesouro chama polo ouro.