terminal

terminal

lat termināle

Plural: terminais
  1. adx

    Que está ou constitúe o final de algo.

  2. adx

    Que sofre unha enfermidade incurable e está na última fase.

  3. s m

    Conxunto de instalacións situadas no extremo dun oleoduto.

  4. s m [FÍS ]

    borne.

  5. s m [INFORM ]

    Calquera elemento periférico de entrada e de saída que permite servirse a distancia dun ordenador.

  6. s f

    Cada un dos extremos dunha liña de transporte público.

  7. s f

    Lugar dun porto, aeroporto ou estación onde os viaxantes desembarcan ou agardan para embarcar.