terebrante

terebrante
Plural: terebrantes
  1. adx [ZOOL ]

    Aplícase aos moluscos que furan a rocha, madeira ou outros materiais.

  2. adx [PAT ]

    Aplícase á dor que produce unha sensación como se perforase a zona enferma.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos terebrantes.

    2. s

      Insecto da suborde dos terebrantes.

    3. s

      Suborde de insectos pterigotos, hemimetábolos, da orde dos tisanópteros, que se caracterizan por ter o décimo segmento abdominal dividido ventralmente e pola presenza dun oviscapto nas femias.