ter

ter

tenēre

  1. v t

    Ser dono ou estar en posesión de algo. Tm fig.

  2. v t

    Poder dispoñer de algo ou de alguén.

  3. v t

    Experimentar unha sensación.

  4. v t

    Manifestar un sentimento por algo ou alguén.

  5. v t

    Facer existir algo ou a alguén.

  6. v t

    Manter un vínculo con alguén que queda implícito na denominación que recibe esa persoa.

  7. v t

    Manter ou soster algo nun determinado estado, lugar ou posición.

  8. v t

    Impedir que algo ou alguén ceda a unha forza, caia, se afrouxe ou se solte.

  9. v t

    alorar algo ou a alguén.

  10. v t

    Acadar unha opinión, postura ou idea.

  11. v t

    Conter dentro de algo.

  12. v t

    Estar incluído na súa extensión ou entre os seus constituíntes.

  13. v t

    Conter ou estar formado por.

  14. v t

    Dar indicios de algo.

  15. v t

    Estar provisto de algo.

  16. v t

    Merecer ou ser digno de algo, especialmente dunha cousa abstracta.

  17. v t

    Sufrir unha enfermidade ou doenza.

  18. v t

    Acontecer algo a alguén.

  19. v t

    Estar nunha determinada situación.

  20. v t

    Contar con certa idade.

  21. v pron

    Aguantar dereito algo ou alguén sen caer. Tm fig.

  22. v pron

    Dominar os impulsos.

  23. v pron

    Considerarse algo ou alguén.

Sinónimos

Citas

  • A xerra ten viño, O edificio ten trinta andares
  • Aínda teño as miñas cousas na súa casa, Ten aínda a ilusión da xuventude
  • Está tan enfermo que non se ten en pé
  • Non sei que ten hoxe
  • Témolo por bo rapaz
  • Ten gripe
  • Ten moitos cartos
  • Ten moitos irmáns
  • Ten un posto de importancia na entidade
  • Ten unha hora para comer, Non ten quen o axude
  • Téñense por moi listos
  • Tenme as bolsas mentres collo os cartos
  • Teño dor de moas, Tenlle moito aprecio
  • Tente, que non é para tanto
  • Terás todo o que desexes
  • Tes unha concepción distinta á dos demais
  • Tivo unha revelación, Tivo catro cachorros
  • Xa ten noventa anos

Frases feitas

  • 2 Per

  • 2 Indica que algu

  • Ter + participio. Per

  • Ter conta. Termar.

  • Ter de + infinitivo. Per

  • Ter que + infinitivo. 1 Per

Conxugar
VERBO ter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
teño
tes
ten
temos
tendes/tedes
teñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiña
tiñas
tiña
tiñamos
tiñades
tiñan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiven
tiveches
tivo
tivemos
tivestes
tiveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tivera
tiveras
tivera
tiveramos
tiverades
tiveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
terei
terás
terá
teremos
teredes
terán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tería
terías
tería
teriamos
teriades
terían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
teña
teñas
teña
teñamos
teñades
teñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tivese
tiveses
tivese
tivesemos
tivesedes
tivesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiver
tiveres
tiver
tivermos
tiverdes
tiveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ten
-
-
tende
ou
tede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ter
teres
ter
termos
terdes
teren
Xerundio tendo
Participio tido
tida
tidos
tidas