temeridade

temeridade

lat temerĭtāte

Plural: temeridades
  1. s f

    Calidade de temerario.

  2. s f

    Acción ou dito temerario.

Refráns

  • Aconselloume meu pai que terquease mais non que aventurase.
  • Quen busca o perigo nel topa a morte.
  • Tanto vai a ola á fonte que ao fin se rompe.
  • ¡Líbreme Deus de hora minguada e de xente que non teme nada!