tea

tea

lat tela

Plural: teas
  1. s f
    1. Estrutura feita con fíos entretecidos de algodón, liño, la ou outro material.

    2. Anaco dese tipo de tecido.

  2. s f

    Lenzo ou cadro pintado.

  3. s f

    Cuberta moi tenue que recobre algo ou se forma na superficie de algo.

    1. s

      Peza, lámina, órgano ou outra cousa que resulta similar a unha peza de tea.

    2. s [ANAT ]

      Formación anatómica semellante a unha peza de tea.

    3. tea de araña [ZOOL ]

      arañeira.

Refráns

  • A tea mal tecida, ao lavala, queda máis encollida.
  • A tea miúda ao seu dono axuda.
  • A tea tecida e a muller parida sempre teñen acollida.
  • Boa tea fía a muller que os seus fillos cría.
  • Mentres teña o meu tear, camisa non me ha de faltar.
  • Tea dun soilo pulgar tarde vai ao tear, mais, cando vai, vai sempre igual.

Palabras veciñas

Te te deum* tea tea teáceo -a teada