tapa

tapa
Plural: tapas
  1. s f

    Peza móbil con que se tapa ou cobre pola parte superior calquera caixa ou recipiente.

  2. s f

    Cada unha das dúas cubertas de material duro e resistente que cobren o exterior da encadernación dun libro.

  3. s f

    Cada unha das pezas de sola que, adheridas unha sobre a outra, forman o taco dun zapato ou calquera outro calzado.

  4. s f

    Pequena porción de alimento que se serve habitualmente en tabernas, bares e establecementos similares para acompañar as bebidas.

  5. s f [ZOOL ]

    Cuberta córnea que envolve a pouta dos mamíferos que a teñen.

  6. s f

    Peza aplicada nun dos lados dunha abertura de certas pezas de vestir para que monte sobre o outro lado e peche a abertura.