taco

taco
Plural: tacos
  1. s m

    Anaco groso e curto, de madeira ou doutro material, que se emprega fundamentalmente para tapar un burato.

  2. s m

    Cada unha das pequenas porcións dunha cousa, cortadas en forma de prisma.

  3. s m

    Conxunto de billetes ou de papeis de forma regular que forman un bloque.

  4. s m

    Cada unha das pequenas porcións en que se divide un terreo para traballalo á parte como sementeiro.

  5. s m

    Alimento lixeiro que se toma entre horas.

  6. s m

    Peza de calzado que vai pegada á parte posterior da sola, no lugar do calcañar, para levantar o pé.

  7. s m [XOGO ]

    ara de madeira, lixeiramente cónica, coa que se impulsan as bólas no xogo do billar.

Sinónimos