suxeito -ta

suxeito -ta

lat subiectu, p p de subiicĕre

Plural: suxeitos Masculino: suxeito Masculino plural: suxeitos Feminino: suxeita Feminino plural: suxeitas
  1. p reg

    suxeitar.

  2. adx

    Que está collido ou agarrado con forza.

  3. adx

    Que está sometido ao poder ou ao efecto de algo ou alguén.

  4. s m
    1. Persoa á que se quere facer referencia dunha maneira imprecisa.

    2. [FILOS ]

      Ente concibido como substancia, consciente e principio de acción, onde a realidade se fai coñecida.

  5. s m [DER ]

    Titular dun órgano administrativo que actúa en interese da administración.

  6. s m
    1. Función sintáctica que desempeña un substantivo, pronome ou sintagma nominal en concordancia co verbo, que indica quen realiza ou que cousa orixina a acción do verbo.

    2. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos que, nunha oración, desempeñan a función de suxeito.