armeiro
armeiro
Plural:
armeiros
-
s
m
[ICT ]
Agrupación de sardiñas en forma de torre circular que se forma de día nas rías galegas cando son perseguidas por outros animais mariños.
-
s
m
[ORNIT ]
Agrupación de gaivotas e outras aves mariñas que voan sobre un punto do mar onde abundan os peixes.
-
s
m
[PESCA ]
Procedemento de localización dos bancos de peixe que consiste en localizar os cardumes segundo haxa ou non concentración de toniñas e aves mariñas. Practícase entre os meses de febreiro e abril. OBS: Tamén se denomina mansío.