superficie

superficie

lat superficĭe

Plural: superficies
  1. s f

    Parte exterior dun corpo que o limita e o separa do espazo ou doutro obxecto.

  2. s f

    Extensión de terreo.

  3. s f [MAT ]

    Conxunto de puntos do espazo que poden determinarse por dous parámetros, e que ten dúas dimensións: longo e largo.

  4. s f

    Aparencia exterior.

  5. superficie de sustentación [AERON ]

    Plano ou á dunha aeronave sobre o que se exerce a forza de sustentación.