substrato

substrato

lat substrātu

Plural: substratos
  1. s m

    Aquilo que está baixo outra cousa e constitúe o seu soporte.

  2. s m

    Material sólido diferente do solo que se emprega como soporte dunha planta.

  3. s m [LING ]

    Lingua que, nun territorio determinado, é substituída por outra en que deixa elementos incorporados.

  4. s m [BIOQ ]

    Substancia sobre a que actúa un encima.

  5. s m [QUÍM ]

    Substancia de partida que se desexa transformar mediante unha reacción química.