subsidio

subsidio

lat subsidĭu

Plural: subsidios
  1. s m [DER ]

    Axuda económica concedida, normalmente con carácter oficial, para atender determinadas necesidades.

  2. subsidio de paro [DER ]

    Axuda extraordinaria e temporal concedida ao traballador en paro en proporción ao seu salario base e tendo en conta as cargas familiares e o tempo de cotización.

  3. subsidio familiar [DER ]

    Prestación, de carácter temporal, que dá a seguridade social aos traballadores cabeza de familia.