soprar

soprar

lat sufflāre

  1. v i

    Facer saír o aire da boca vencendo a resistencia dos labios pechados.

  2. v i

    Facer saír aire dun instrumento apropiado para iso.

  3. v i

    Correr o vento.

  4. v i col

    Beber en exceso.

  5. v t

    Encher de aire unha cousa, especialmente o vidro para darlle forma.

  6. v t

    Dicir a alguén algo en voz baixa que descoñecía ou esquecera.

  7. v t

    Quitar, no xogo das damas, ao xogador contrario unha ficha que debeu mover e non moveu.

Citas

  • Esta noite sopra moito o vento
  • O artesán sopraba o vidro para facer figuras
  • O rapaz sopraba cando lle mandaban traballar
  • O teu veciño sopra de máis
  • Se fas esa xogada sóproche a dama
  • Soprei co fol
  • Soprou trinta candeas polo seu aniversario
  • Soproulle as preguntas no exame

Formas incorrectas

asoprar

Palabras veciñas

sopramocos sopranista soprano soprar soprete soprido sopro
Conxugar
VERBO soprar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopro
sopras
sopra
sopramos
soprades
sopran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopraba
soprabas
sopraba
soprabamos
soprabades
sopraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprei
sopraches
soprou
sopramos
soprastes
sopraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprara
sopraras
soprara
sopraramos
soprarades
sopraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprarei
soprarás
soprará
sopraremos
sopraredes
soprarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopraría
soprarías
sopraría
soprariamos
soprariades
soprarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopre
sopres
sopre
sopremos
sopredes
sopren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprase
soprases
soprase
soprasemos
soprasedes
soprasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprar
soprares
soprar
soprarmos
soprardes
sopraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sopra
-
-
soprade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprar
soprares
soprar
soprarmos
soprardes
sopraren
Xerundio soprando
Participio soprado
soprada
soprados
sopradas