sopa

sopa

xerm sŭppa ‘anaco de pan empapado nun líquido’

Plural: sopas
  1. s f

    Prato composto por un caldo en que se cocen ingredientes diferentes, como verduras, pasta ou pan.

  2. s f

    Anaco de pan que se molla nun líquido ou nunha comida.

Frases feitas

  • Coma unha sopa. Moi mollado.

Refráns

  • A mellor sopa é a que se fai na boca.
  • Auga e pan, sopas na barriga fan.
  • Caerse a sopa no mel parece un mal e é un ben.
  • Entre a man e a boca corre perigo a sopa.
  • Nin sopa de auga nin viño de sopa.
  • Sopa en viño non emborracha pero alegra a rapaza.