solsticio

solsticio

lat solstitĭu

Plural: solsticios
  1. s m [ASTRON ]

    Punto da eclíptica para o que o valor da declinación do Sol toma o seu valor máximo ou mínimo e deixa de aumentar a súa distancia ao ecuador terrestre. O solsticio correspondente á máxima separación boreal ten lugar cara ao 21 de xuño, e o correspondente á máxima separación austral ten lugar cara ao 21 ou o 22 de decembro.

  2. liña dos solsticios [ASTRON ]

    Liña imaxinaria perpendicular en que os seus puntos de intersección coa liña dos equinoccios determinan os solsticios.

Palabras veciñas

solonetz* solpor solsticial solsticio solta soltadoiro soltar