solo

solo

lat solu

Plural: solos
  1. s m

    Superficie da Terra sobre a que se moven os homes e os animais, en que se cultivan as plantas ou sobre a que se asentan as cousas.

  2. s m

    Terreo ou soar edificable.

  3. s m

    Extensión territorial que comprende unha xurisdición.

    1. s

      Capa externa da codia terrestre, orixinada pola alteración das rochas baixo a influencia dos axentes atmosféricos e dos seres vivos.

    2. conservación dos solos

      Conxunto de técnicas para defender os solos da erosión, especialmente da antrópica.

  4. s m

    Conxunto de pedras que forman o piso do forno.

Palabras veciñas

sollo sollo solmisación solo solo solod* solombo