socialismo
socialismo
social
-
s
m
[POLÍT ]
Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución.
-
socialismo científico
[POLÍT ]
Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx, unha vez superado o socialismo utópico, que propoñía transformar a realidade e acelerar o triunfo do socialismo.
-
socialismo utópico
[POLÍT ]
Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialista que se caracteriza pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes e a descrición teórica dun futuro sistema social ‘perfecto’, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes.