síncope

síncope

lat syncŏpe gr συγκοπ ή

Plural: síncopes
  1. s f [PAT ]

    Perda súbita da consciencia, completa e transitoria, debida a unha anoxia cerebral aguda.

  2. s f [LING ]

    Eliminación de elementos fonolóxicos no interior dunha palabra.

  3. s f [MÚS ]

    Irregularidade na acentuación que se orixina ao prolongar un tempo débil sobre un tempo forte.