sigma

sigma

gr σίγμα

Plural: sigmas
  1. s m [LING/MAT ]

    Nome da décimo oitava letra do alfabeto grego (Σ, σ, V) que corresponde ao s latino. Como signo numérico equivale a 200 (σ,) e 200.000 (,σ).

    1. electrón sigma [σ]

      Electrón que ocupa un orbital sigma.

    2. enlace sigma [σ]

      Enlace constituído por orbitais sigma enlazados.

    3. orbital sigma [σ]

        Tipo de orbital molecular que se caracteriza por posuír simetría cilíndrica respecto ao eixe do enlace.

  2. sigma ilíaca [ANAT ]

    Parte do colon en forma de S, comprendida entre o colon descendente e o recto. OBS: Tamén se denomina sigmoide, asa sigmoide ou colon sigmoide.