arco

arco

lat arcu

Plural: arcos
    1. s

      Porción dunha curva.

    2. arco capaz dun ángulo dado

      Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

    3. arcos concéntricos

      Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

    4. función de arco

      Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

    1. s

      Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

    2. arco angular

      Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

    3. arco cigomático

      Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

    4. arco supraorbitario

      Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. s

      Estrutura arquitectónica que, mediante o uso de formas curvas, serve para cubrir un espazo.

    2. arco abucinado

      Arco que posúe máis luz nun paramento que no oposto.

    3. arco agudo/apuntado/oxival

      Arco formado por dous arcos de circunferencia que se cortan no vértice formando un ángulo curvilíneo.

    4. arco alintelado/dexenerado

      Arco con intradorso horizontal e despezado radial nas doelas.

    5. arco cego

      Arco que ten tapiada a súa luz.

    6. arco conopial

      Arco formado por catro cuartos de círculo tanxentes entre eles, dos que dous son convexos e dous cóncavos e teñen os centros situados nos catro vértices dun cadrado.

    7. arco de descarga

      Arco no que o intradorso non é visible e queda oculto por un lintel postizo.

    8. arco de ferradura

      Arco de circunferencia de máis de 180° co centro situado sobre a liña de arranque.

    9. arco de medio punto

      Arco semicircular que ten o centro na liña de arranque.

    10. arco de triunfo

      Monumento típico da arquitectura romana que foron elevados como entrada monumental a cidades e pontes.

    11. arco faixón/perpiaño/toral

      Arco disposto en sentido transversal en relación coa lonxitude da nave e que, nas voltas de canón, é puramente un reforzo da volta.

    12. arco rebaixado

      Arco de altura inferior á que tería un arco do mesmo trazado.

    1. s

      Parte da traxectoria aparente dun astro baixo a esfera celeste.

    2. arco diúrno

      Arco dun paralelo de declinación dun astro que se atopa sobre o horizonte.

    3. arco nocturno

      Arco dun paralelo de declinación dun astro, que se atopa baixo o horizonte.

  1. s
    1. [BÉL ]

      Arma ofensiva formada por unha vara xeralmente de madeira ou dunha materia elástica, e por unha corda tirante fixada aos dous lados. Adoptouse como práctica deportiva na modalidade de tiro con arco.

    2. Calquera elemento en forma de arco tensado.

    1. s

      Descarga eléctrica entre dous electrodos en presenza dun gas ionizado que se caracteriza por un paso elevado de corrente e unha irradiación de luz.

    2. arco voltaico

      Arco luminoso que se forma entre dous electrodos de carbón. É producido por unha corrente eléctrica de intensidade e diferenza de potenciais axeitados.

    1. arco anticrepuscular

      Banda luminosa de cor púrpura duns 3° de amplitude vertical, que se forma no crepúsculo exactamente enriba do antisol.

    2. arco crepuscular

      Arco que aparece ás veces antes da saída do Sol e despois da posta na parte do ceo oposta ao astro.

    3. arco da vella/arco iris

      Fenómeno que consiste na aparición dun ou máis arcos coloridos, concéntricos ao redor do antisol, cando unha cortina de gotas de auga en forma de choiva, néboa ou orballo está iluminada polo Sol.

    4. arco da vella branco

      Arco da vella producido pola luz da lúa.

  2. s m [MÚS ]

    ara de madeira curvada ao lume, que cos extremos mantén tensada unha mecha de crinas de cabalo, que fai vibrar as cordas.

  3. s m
    1. Instrumento empregado desde tempos prehistóricos para furar madeira, óso ou pedra e, posiblemente, para facer lume.

    2. Peza do torno primitivo coñecida máis xeralmente por bésta.

  4. s m [TECNOL ]

    Dispositivo de toma de corrente empregado en certos sistemas de tracción eléctrica.

  5. s m [TECNOL ]

    Bastidor metálico da serra de arco.

  6. s m [TRANSP ]

    Cada unha das variñas arqueadas, de madeira ou de ferro, que forman a armazón que sostén o toldo dun carro ou dun camión.

  7. arco de acción [TECNOL ]

    Segmento de arco da circunferencia primitiva dunha engrenaxe comprendida entre os raios correspondentes aos puntos de contacto inicial e final de dous dentes conxugados.

    1. arco de illas/arco insular

      Ringleira de illas que a miúdo bordea as fosas oceánicas.

    2. arco volcánico

      Arco interno dos arcos de illas.

    3. sistema de arco e fosa

      Estrutura xeolóxica cortical formada por un arco de illas e unha fosa oceánica paralela.

  8. arco mariño [XEOG ]

    Abertura natural con forma de arcada que se produce nas rochas do litoral como consecuencia da acción continuada das ondas.

  9. arco senil [PAT ]

    Opacidade da córnea do ollo, de forma circular e cor azul agrisada.

  10. luz de arco [TECNOL ]

    Aparato de iluminación no que a fonte luminosa é un arco voltaico entre carbóns.

Citas

  • O arco ben debuxado das súas cellas

Refráns

  • Arco da vena ao anoitecer, bo tempo ao amañecer.
  • Arco da vena ao mediodía, chuvia para todo o día.
  • Arco da vena ao poñente, solta os bois e vente.
  • Arco da vena ao raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante!
  • Arco da vena, auga mi terra.