semellanza

semellanza

semellar

Plural: semellanzas
  1. s f

    Calidade de semellante.

  2. s f

    Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.

  3. s f [MAT ]

    Transformación xeométrica T de O n en O n tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza.

  4. semellanza dinámica [FÍS ]

    Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.

  5. teoría da semellanza [TECNOL ]

    teoría de modelos.