secuencia

secuencia

lat sequentĭa

Plural: secuencias
  1. s f
    1. Sucesión ordenada de cousas.

    2. Sucesión de planos dunha película que forman unha escena.

    3. [ESTRATIG ]

      Sucesión de feitos xeolóxicos ou de rochas sedimentarias que seguen unha orde cronolóxica.

    4. [LING ]

      Orde sintáctica das palabras na frase.

    5. [MAT ]

      sucesión.

  2. s f [RELIX ]

    Texto litúrxico que se recita na misa despois do gradual.