sancta sanctorum*

sancta sanctorum*
Plural: sanctas
  1. s m
    1. [RELIX ]

      Santuario no templo de Xerusalén onde se gardaba a arca da alianza.

    2. [ARQUIT ]

      Capela privada dos papas no antigo palacio de Letrán, á que se subía pola scala santa, identificada pola tradición como a escalinata do pretorio de Pilato.

  2. s m

    Lugar secreto e reservado ao que só teñen acceso uns cantos iniciados ou privilexiados.