salmón

salmón

lat salmōne

Plural: salmóns
    1. s

      Peixe que pertence aos xéneros Salmo, Oncorhynchus, Coregonus e outros, da familia dos salmónidos.

    2. salmón atlántico [Salmo salar]

      Peixe da familia dos salmónidos que presenta o corpo fusiforme e alongado, ollos pequenos e aletas pectorais e pélvicas pequenas, e amosa cor cinsenta no dorso, máis clara nos flancos e o ventre prateado.

  1. adx

    Que tira a alaranxada, semellante á da carne do salmón. Tm s m, referido a cor.