safeno -na
safeno -na
Plural:
safenos
Masculino:
safeno
Masculino plural:
safenos
Feminino:
safena
Feminino plural:
safenas
-
adx
[ZOOL ]
Aplícase a certos nervios, arterias e veas da perna.
-
nervio safeno externo
[ZOOL ]
Nervio que se desprende do ciático poplíteo interno na parte media do oco poplíteo e que dá a sensibilidade á pel da parte externa da perna e ás articulacións do tarso.
-
nervio safeno interno
[ZOOL ]
Parte terminal profunda e interna do nervio crural, que recolle a sensibilidade da pel do xeonllo e da rexión interna do pé.