arar

arar

lat arare

v t

Abrir sucos na terra co arado.

Ex: Entrou co tractor na leira para arar na terra toda a tarde, Para poder sementar primeiramente tes que arar a terra

Sinónimos

Confrontacións

decruar

Citas

  • Entrou co tractor na leira para arar na terra toda a tarde, Para poder sementar primeiramente tes que arar a terra

Frases feitas

  • Arar no mar. Realizar unha acci

  • Ser coma arar no barbeito. Ser f

Refráns

  • A metade calquera a labra, se a terra é boa.
  • Ara ben e con afán e collerás moito pan.
  • Ara ben e fondo e collerás pan de abondo.
  • Ara con xeada e matarás a grama e terás boa anada.
  • Ara fondo e collerás gran abondo.
  • Ara por enxoito ou por mallado e non terás que pedir emprestado.
  • Ara por enxoito ou por mollado e non bicarás ao teu veciño no rabo.
  • Ara por enxoito ou por mollado e non lle bicarás teu veciño o rabo.
  • Arada de terróns fortes non é para tódolos homes.
  • Araduras, oito; e esterquiño, moito.
  • Arar no arado non é pecado; o que no arado non arou, ese si que pecou.
  • Are quen arou, que maio xa pasou.
  • Ata curto, esterca a modo, ara xusto e fondo, e collerás pan de abondo.
  • Labra no fondo, se queres ter pan de abando.
  • Non hai mellor regazada cá da arada.
  • Ó que non ten labrado, agosto fáiselle maio.
  • Quen ara por xaneiro, ara para o ano enteiro.
  • Se a noite de Navidade fai luar, labra ben para sementar.
  • Se queres coller pan, ara polo san Xoán.
  • ¡A ande irás, boi, que non ares, se non á cortadaría!
  • ¡A onde irá o boi que non are, xa que arar sabe!
  • ¡Dou ao demo todos! -dixo o que araba cos lobos.
Conxugar
VERBO arar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aro
aras
ara
aramos
arades
aran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
araba
arabas
araba
arabamos
arabades
araban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arei
araches
arou
aramos
arastes
araron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arara
araras
arara
araramos
ararades
araran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ararei
ararás
arará
araremos
araredes
ararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
araría
ararías
araría
arariamos
arariades
ararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
are
ares
are
aremos
aredes
aren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arase
arases
arase
arasemos
arasedes
arasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arar
arares
arar
ararmos
arardes
araren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ara
-
-
arade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arar
arares
arar
ararmos
arardes
araren
Xerundio arando
Participio arado
arada
arados
aradas