saco

saco

lat saccu

Plural: sacos
  1. s m
    1. Recipiente grande de diversos materiais flexibles e aberto na parte superior que se utiliza para gardar cousas.

    2. Contido do recipiente e medida que representa.

  2. s m [HIST ]

    estido de roupa basta, semellante a un saco, que se poñía na antiga Roma en tempo de guerra.

    1. s

      Cavidade orgánica dos vexetais que ten forma de bolsa.

    2. saco embrional

      Corpúsculo elipsoidal situado no interior da nucela das sementes das anxiospermas.

    3. saco polínico

      Cavidade dunha teca en que se forman os grans de polen.

    1. s

      Estrutura do corpo dos animais que ten forma de bolsa.

    2. saco aéreo

      Cámara de paredes finas e cheas de aire que presentan as aves e que teñen relación coa respiración e co voo.

    3. saco vitelino

      Bolsa do interior do ovo dos peixes, dos anfibios, dos réptiles e das aves, que contén o vitelo necesario para a nutrición do embrión.

  3. saco de durmir

    Tipo de saco acolchado usado para durmir en tenda de campaña ou á intemperie.

Frases feitas

  • Caer en saco roto. Esquecerse algo, non ser tido en conta ou aproveitado.

  • Meter no mesmo saco. Mesturar.

Refráns

  • Fol sacudido non entra no muíño.
  • Fol sobado máis fariña leva.
  • O saco redondo leva tanto coma o langa.