ruanda

ruanda
Plural: ruandas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ruandas ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do grupo de pobos  ruanda.

  3. s [ETN/HIST ]

    Grupo de pobos da familia bantú que viven nas repúblicas de Rwanda e Burundi. Divídense en hutus ou rundis, que se dedican á agricultura, tutsis, gandeiros, e pigmeos twa, cazadores e ceramistas.

  4. s m pl [ETN/HIST ]

    Lingua bantú que se fala en Rwanda.

Palabras veciñas

ruada ruán ruán -na ruanda ruandés -sa ruar rubato