rotífero -ra
rotífero -ra
lat científico Rotifer, xénero de metazoos
-
adx
Relativo ou pertencente aos rotíferos.
-
s
m
[ANIMAL ]
Metazoo do filo dos rotíferos.
-
s
m pl
[ANIMAL ]
Filo de animais metazoos triploblásticos, non metaméricos, con simetría bilateral, de formas variables e microscópicos, co corpo recuberto por unha cutícula proteica ríxida, cunha coroa de cilios, que produce un movemento ondulatorio. Presenta un pé cónico que se bifurca en dous dedos, que poden ser utilizados para a locomoción.