rolete

rolete

1 rolo

Plural: roletes
  1. s m

    Peza cilíndrica de diferentes tamaños que se destina a varios usos.

  2. s m

    Peza cilíndrica que permite transportar obxectos pesados facéndoos rodar polo chan.

  3. s m

    Cilindro sólido de madeira, pedra ou calquera materia dura, que se emprega en máquinas diversas para apisoar ou rolar.

  4. s m

    Peza cilíndrica de madeira ou outros materiais que se usa para estender a masa.

  5. s m

    Peza cilíndrica de caucho ou goma das máquinas de escribir que recibe o impacto do tipo.

  6. s m

    Ferramenta que se emprega para pintar, formada por un cilindro duro forrado de materia absorbente que xira ao redor dun eixe metálico.

Sinónimos

Palabras veciñas

roleira roleiro roleiro -ra rolete rolla rollar rolo