rolda

rolda

lat rotŭla ‘rodiña’

Plural: roldas
  1. s f

    Percorrido que se fai para comprobar que todo está en orde.

  2. s f

    Percorrido que fai de noite un grupo de mozos que van polas rúas cantando e tocando.

  3. s f

    Orde que se segue para realizar algo.

  4. s f

    Tempo que lle corresponde a unha persoa para facer ou usar algo.

  5. s f

    Serie de consumicións que toma un grupo de persoas nun establecemento.

  6. s f [ETN ]

    santa compaña.

  7. rolda de recoñecemento [DER ]

    Ringleira de presos que se fan desfilar diante de alguén para ver se este recoñece entre eles o presunto delincuente.

Sinónimos

Citas

  • Comezaron unha nova rolda de negociacións

Palabras veciñas

rola rolada rolar rolda roldador -ra roldana roldar