roda

roda

lat rota

Plural: rodas
    1. s

      Peza circular, ríxida, de escaso ancho en relación ao seu diámetro, susceptible de xirar arredor dun eixe fixo, ou dotada de movemento de rotación.

    2. roda dentada

      Roda provista de dentes na súa periferia que constitúe unha engrenaxe ou forma parte dun sistema de transmisión por cadea.

  1. s f

    Anaco de algo que ten forma circular.

  2. s f

    Conxunto de persoas ou cousas que forman un círculo.

  3. s f [XOGO ]

    Xogo en que os participantes forman un círculo.

  4. s f [MAR ]

    Peza máis sobresaínte da proa dunha embarcación e que lle dá a forma.

  5. s f [ARQUIV/BIBLIOT ]

    Signo circular constituído por unha cruz inscrita en dous círculos concéntricos, con inscrición e figura, que representaba a sinatura do papa e dos reis de Castela-León e que autenticaba os documentos solemnes na Idade Media.

  6. s f [HIST ]

    Sistema de tortura introducido en Francia en 1534 e suprimido en 1789, que consistía en atar o condenado a unha roda de carro chantada horizontalmente na terra, para crebarlle os membros.

  7. roda da fortuna

    olubilidade da sorte e das vicisitudes das cousas humanas, que se representa como unha roda posta aos pes da deusa Fortuna.

  8. roda hidráulica [FÍS/TECNOL ]

    Roda provista de pas sobre as que se aplica a forza da auga, o que provoca a rotación da roda transformando en enerxía mecánica a enerxía do salto ou da corrente.

Sinónimos

Palabras veciñas

roco rococó rocón roda roda rodaballo rodada