risa

risa

lat risu

Plural: risas
  1. s f

    Acción de rir.

  2. risa sardónica [PAT ]

    Contracción dos músculos da cara semellante á risa, característica do tétano.

Sinónimos

Refráns

  • A muller ri cando pode e chora cando quere.
  • A toda hora hai quen se ri e hai quen chora.
  • Anque me río e anque me folgo, non se me esquece o que teño no corpo.
  • Anque me río, renego de frío.
  • Garda da risa para outro choro, que, anque che tarde, pode vir logo.
  • Inda que río, ben sei cantas son cinco.
  • Moza rinchadeira, tarambaina ou paroleira.
  • Neno que non ri ás sete semanas, ou el é ruín ou ruín é o que mama.
  • Todos queren rirse del e el sabe rirse de todos.
  • Vai así o mundo rolando: uns rindo e outros chorando.
  • Viúva rica, cun olio chora e con outro repenica.
  • Xa que podemos, riamos, que non nos ha faltar unha hora en que morramos.
  • ¡Deus nos dea con que riamos e non con que choremos!

Palabras veciñas

ripuario -ria riqueza rir risa risada riscada riscar