río

río

lat v rīu, de rīvu ‘arroio, canle’

Plural: ríos
s m

Corrente natural de auga, máis ou menos continua e de caudal variable, que drena unha conca dunha extensión determinada.

Refráns

  • A par do río non merques viñas nin caserío.
  • Mentres auga leve o Miño,non faltará viño.
  • Ninguén vai ao río que non se molle.
  • No bo río péscase a troita.
  • O que o río achega, o río o leva.