retroalimentación

retroalimentación

retro- + alimentación

Plural: retroalimentacións
  1. s f [AUTOM ]

    Aplicación dunha fracción do sinal de saída novamente á entrada para que actúe tamén sobre un sistema, que se emprega nos amplificadores para mellorar o sinal.

  2. s f [BIOL ]

    Regulación da resposta dentro dun sistema, constituído por elementos interactuantes, que inflúe sobre a actividade ou a produtividade deste.

Sinónimos

Formas incorrectas

feed-back