retraer

retraer

lat retrahĕre

  1. v t

    Encoller ou desprazar cara a atrás un membro ou un órgano do corpo.

  2. v pron

    Desprazarse unha cousa cara a atrás ou cara ao interior de algo.

  3. v pron

    Illarse ou retirarse do trato coa xente ou de participar en algo.

Citas

  • O brazo da escavadora retraeuse sobre si
  • Retrae a lingua para que poida verche as moas
  • Retraeuse da vida política tras a derrota electoral