retirar
retirar
re- + tirar
-
v t
Separar ou apartar algo ou a alguén do lugar onde estaba.
-
v t
Facer que alguén deixe de prestar servizo activo nunha profesión.
-
v t
Privar a alguén de algo que era seu.
-
v t
Recuperar algo do lugar onde estaba gardado ou depositado.
-
v t
Espresar alguén que non mantén o que antes dixera.
-
v t
Deixar de dar o que se expresa.
-
v t
Facer que algo deixe de estar en uso.
-
v pron
Afastarse dun lugar ou dunha cousa.
-
v pron
Deixar de prestar servizo activo nunha profesión.
-
v pron
Abandonar unha competición deportiva antes de que esta chegue á súa fin.
-
v pron
Abandonar ou retroceder un exército do lugar onde loitaba.
-
v pron
Marchar para un lugar a descansar ao remate do día.
-
v pron
Ir vivir a un lugar afastado e tranquilo.
Sinónimos
Citas
- Aos trinta anos retirouse a un mosteiro
- É hora de que retires a túa moto
- Quero que retires o que dixeches, Retirou as súas acusacións
- Retiraron o batallón das manobras, Retirou o pastel do forno
- Retirárono antes de tempo
- Retiráronse antes da batalla
- Retirou vinte euros do caixeiro automático, Retirou o coche que estaba mal estacionado
- Retiroulle a fala
- Retiroulle a paga, O axente retiroume o pasaporte
- Retirouse á noitiña, Retirouse ao seu cuarto
- Retirouse da estrada, Retirouse do seu lado
- Retirouse do exército moi novo
- Retirouse do partido na primeira parte