resposta

resposta

lat reposĭta, p p feminino de reponĕre, por influencia de respondēre

Plural: respostas
  1. s f

    Acción de responder.

  2. s f

    Palabra, frase ou discurso con que se responde a unha pregunta, acusación ou obxección.

  3. s f [PSIC ]

    Reacción ante un determinado estímulo.

  4. s f [TECNOL ]

    Expresión cuantitativa da saída dun sistema, en función da entrada ou excitación aplicada.

Antónimos

Citas

  • Deulle unha resposta acertada

Refráns

  • A bo preguntón, bo respondón.
  • Calquera palabra non ten resposta boa nin mala.
  • Non toda palabra quere resposta.