resonancia

resonancia

lat resonantĭa

Plural: resonancias
  1. s f

    Prolongación dun son na súa intensidade ou duración.

  2. s f [MÚS ]

    Conxunto de sons complementarios que produce o son dunha nota, nun instrumento musical.

  3. s f

    Difusión que adquire un feito ou unha noticia polo seu interese ou a súa relevancia.

  4. s f
    1. [FÍS ]

      Fenómeno polo que un corpo elástico entra en vibración en contacto con outro corpo vibrante dentro duns límites de adecuación frecuencial.

    2. [TECNOL ]

      Fenómeno que consiste na coincidencia entre o período dunha oscilación libre e o dunha forzada.

    1. s

      Propiedade que teñen algunhas substancias de presentar o fenómeno de mesomería.

    2. enerxía de resonancia

      Diferenza entre a enerxía de formación teórica e a enerxía de formación real dun composto resoante.

  5. resonancia magnética nuclear [QUÍM/MED ]

    Técnica utilizada en imaxinaría electrónica con finalidade diagnóstica e na análise química.

Formas incorrectas

resoancia