resistir

resistir

lat resistĕre

  1. v t

    Soportar unha forza ou presión ou os efectos de algo. Tm abs.

  2. v t

    Aturar unha dor ou sufrimento sen queixarse.

  3. v t

    Reaccionar algo ou alguén. Tm abs.

  4. v pron

    Opoñer resistencia ou presentar dificultades.

Sinónimos

Citas

  • Non resistía máis a dor de cabeza
  • O exército resistiu o ataque inimigo, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Os rapaces non resistiron pola noite
  • O ferro resiste altas temperaturas, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, As tellas resistiron todo o inverno
  • Resistíase a marchar da festa