reproducir

reproducir

re- + producir

  1. v t
    1. Facer unha copia moi semellante a outra que se toma como referencia.

    2. Ser copia dun orixinal.

  2. v t

    Producir algo de novo. Tm v pron.

  3. v t

    Repetir o que dixo alguén.

  4. v pron

    Producir por xeración ou dar lugar a outros seres da mesma especie.

Citas

  • Algúns animais reprodúcense igual ca o home
  • É posible que o tumor se reproduza
  • Este magnetófono reproduce moi ben o son
  • Este pintor reproduciu fielmente un cadro de Laxeiro
  • Este texto reproduce parcialmente a primeira escena de Os vellos non deben de namorarse
  • O teu papagaio reproduce todo o que dis