reparación

reparación

lat reparatiōne

Plural: reparacións
  1. s f

    Acción e efecto de reparar.

  2. s f

    Satisfacción ante unha ofensa ou unha inxuria.

  3. s f [DER ]

    Obriga que ten quen cometeu un dano de restablecer o equilibrio patrimonial prexudicado.

  4. s f [DER/HIST ]

    Contribución que ha de satisfacer o estado vencido ao vencedor, ao acabar a guerra, en concepto de resarcimento dos danos materiais.

Refráns

  • A barco vello, madeiras novas.
  • A camisa de moitas feituras está chea de costuras.
  • iO demo que te compoña! -díxolle o demo á zanfoña.